verbas do tinteiro 22

 PIL1934con

Resulta difícil presentarse cando se comeza unha nova etapa tan chea de ilusión, pero o mesmo tempo chea de medos, como o que agora con estas páxinas emprendemos.

Esta Revista que nace en Ourense, berce de grandes autores como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo ou Ramón Cabanillas, pertencentes a gran Xeración Nós, e quen entregaron o mundo unha das publicacións por excelencia da cultura como foi a Revista NÓS. Eles comezaban a súa revista co artigo “Primeiras verbas” cheos de vitalidade e esforzo para levar a cabo unha revista que abriu Galicia o mundo e a modernidade de Europa durante o século XX. Por iso o noso nome, pretende ser unha homenaxe non só a un símbolo da nosa cidade como é a fonte do tinteiro, senón tamén, aos tinteiros empregados dende sempre para  enchoupar as plumas e escribir as mellores verbas coas que os nosos antepasados ilustres encheron Ourense de historia e cultura viva, querémoslle facer un humilde homenaxe a través da nosa revista.

Así comezamos nós está nova etapa, cheos de vitalidade, esforzo e sobre todo ilusión. O igual que fixeron os autores da Xeración NÓS esta revista nace para dar cabida a todo tipo de persoas, empresas e ideais.

Nas páxinas de Verbas do tinteiro poderemos encontrar  diferentes seccións dende entrevistas a persoaxes públicos, artigos xurídicos, deportes, como por exemplo o Balonmán tan de moda nesta nosa Cidade, ou do mundo social en xeral...

Verbas do tinteiro a de ser un referente para a Galicia sociocultural. As súas paxinas abriranse os pensamentos máis variados, as personalidades máis reputadas así como novas e ideas do público galego. Queremos transmitir novas, mostrando o que sucede en Galicia nas nosas paxinas, pero sobre todo queremos que o noso traballo sexa a celebración pura de vivir nunha das mellores cidades do mundo.

Parafraseando Ás Primeiras Verbas da Revista NÓS, “agarimo e xenerosidade” a todos os nosos lectores e colaboradores.

Manuel Barrio Blanco

Editor.

Sobre nós

Queremos transmitir novas, mostrando o que sucede en Galicia nas nosas paxinas, pero sobre todo queremos que o noso traballo sexa a celebración pura de vivir nunha das mellores cidades do mundo.

Onde estamos

Verbas do Tinteiro
C/Juan XXIII, 5. entlo. Local 6 - Oficina 2
32003 - Ourense
Teléfono: 988 51 08 24 / 647 29 79 08
Email:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Séguenos nas redes sociais:

siguenos en facebook siguenos en Twitter sígueme en Instagram